top of page

Novas

anpa

o noso futuro

PRESENTACIÓN

 

Dende a Asociación de Nais e Pais "O noso futuro" de Vilatuxe damos a benvida a todos os membros da comunidade educativa para o novo curso escolar.

Aproveitamos esta ocasión para animarvos a todos a formar parte da nosa Asociación, cuxo principal obxectivo é fomentar a participación de pais e nais na vida do noso Centro, garantindo que se cumpran as condicións para unha educación de calidade, incluíndo accións para reclamar antes os órganos competentes da administración educativa (Xefatura Territorial, Concello e Xestión do Centro) instalacións adecuadas e en bo estado.

Ser socio ten as súas vantaxes, descontos en actividades extraescolares organizadas pola nosa asociación, así como información actual sobre a escola e a posibilidade de participar na súa vida. Contamos coa túa colaboración.

​

bottom of page